Culler constrúese cada día dende a súa contorna.
A aldea de Reboredo, no Grove, é a nosa ancoraxe (ao territorio, ás nosas raíces) e tamén o noso maior estímulo, para seguir descubrindo e interpretando o lugar do que somos parte.
Vivimos nun lugar onde a Natureza se atopa en plenitude. Hai unha relación estreita entre o mar, o campo e o bosque; onde xerminan máis de cen variedades con potencial gastronómico.
A Ría de Arousa, a 800 metros de nós, é a nosa fiestra ao Atlántico e á nosa cultura de mar.
A cociña de Culler defínenas as estacións. Vivimos atentos ao que sucede ao noso redor: cociñando o espontáneo, o efémero. O noso reto creativo é ser capaces de poñer o noso coñecemento e sensibilidade ao servizo do que nos ofrece a propia terra. Adaptar a nosa cociña ao ritmo que marca a Natureza coa premisa de que o mellor produto é o que está no seu mellor momento.
Somos conscientes do rol que queremos asumir no momento que nos toca vivir.
Consumir recursos da contorna con responsabilidade, intentando devolver á terra, dalgunha maneira, o que lle quitamos.
Buscar novos camiños e tesouros escondidos en produtos, moitas veces esquecidos ou menos valorados culinariamente. Descubrilos desde a curiosidade, aproveitalos e levalos ao seu máximo esplendor nun prato, co obxectivo principal de facer gozar.
Cambiar o concepto, moitas veces preconcibido, sobre o valor dun produto ou o concepto dun menú. Ese é o gran reto e a pequena revolución de Culler de pau.
Despertar os sentidos, evocando recordos a través dos sabores, da vista, dos cheiros. Facer sentir o lugar do que somos parte.
