Aquí podes consultar a nosa proposta gastronómica, así como información concreta das reservas e preguntas frecuentes.

Como novidade, dispoñemos dun novo espazo para aloxamento e desconexión a 5 minutos do noso restaurante: Dormideira

Menú

Menú DESCUBERTA

E agora que?

Descuberta representa o camiño de Culler na actualidade: curiosidade, descubrimento.

Unha mirada atenta á nosa contorna, onde nos deixamos sorprender polo que nos ofrece a terra atlántica, polos seus ritmos.

Mira, escoita, cheira, saborea… É posible que todo o que te rodea estea aquí:

4 aperitivos, entre 13 e 15 pratos, 1 pre sobremesa e 2 sobremesas.

O menú máis longo e máis innovador.

Prezo menú: 225,00 € por persoa.

Maridaxe: 90,00 por persoa, opcional.

Os menús serviranse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estrutura.

Navegamos entre a memoria e o contemporáneo.

Percorremos o máis tradicional e o máis innovador de Culler en:

4 aperitivos, 7 pratos, 1 pre sobremesa e 2 sobremesas.

Prezo menú: 190,00 € por persoa.

Maridaxe: 75,00 € por persoa, opcional.

Os menús serviranse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estrutura.

Lembras?

Sabores que deixan un rastro no noso padal, que evocan recordos, que permanecen.

O menú máis curto cos pratos máis clásicos de Culler:

5 aperitivos, 4 pratos e 2 sobremesas

Prezo menú: 170,00 € por persoa.

Maridaxe: 60,00 € por persoa, opcional.

Os menús serviranse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estrutura.

A proposta responde aos sinais que nos vai marcando a natureza en cada tempada, buscando sempre a frescura, a estacionalidade e o equilibrio.

Horario

De setembro a xuño, o noso horario de apertura é de xoves a luns de 13:30 a 15:00 h. (os venres e sábados tamén abrimos en horario de cea, de 21:00 a 22:00 h.). O mes de febreiro permaneceremos pechados por vacacións.

Os meses de xullo e agosto, abrimos de mércores a luns para xantares e ceas (excepto os luns pola noite e martes; durante o mes de xullo. En agosto o restaurante permanecerá pechado os martes por descanso.

Reserva

Unha vez feita a reserva, recibirás unha confirmación por correo electrónico ou SMS; se non a recibes, non dubides en contactar con nós para que poidamos solucionalo canto antes.

O menú Descuberta, o máis extenso, só se servirá ata as 14h. (ao mediodía) e ata as 21h. (cea).

O menú Marexada ata as 14:15 h. (mediodía) e ata as 21:15h. (cea).

Para calquera consulta, podes contactar con nós por correo electrónico ou teléfono:

reservas@cullerdepau.com

+34 986 732 275

Preguntas frecuentes

PODO VIR SEN RESERVA?

É necesario reservar previamente, xa que a capacidade é limitada.

Se non atopa dispoñibilidade na nosa web pode consultar se hai cancelacións de último minuto a través do noso teléfono 986732275 ou enviando un email a reservas@cullerdepau.com

Se ten algunha restrición alimentaria, o mellor é que nos comente as súas peticións no momento de facer a reserva.
Adaptarémonos na medida do posible ás súas necesidades.

No caso de formar parte dunha mesa grande, consulte cos seus acompañantes e avísenos polo menos 24 horas antes para preparar as súas alternativas.

Debido ás características do noso menú poderá ser adaptado a opcións veganas o menú Ronsel, para unha proposta vexetariana poderá ser adaptado o menú Marexada e o Ronsel.

O tempo é moi variable dependendo da calma e o desfrute co que se queira vivir a experiencia, pero como orientación cada menú dura o seguinte:

  • DESCUBERTA 3 horas e media.
  • MAREXADA  2 horas e media.
  • RONSEL 1 hora e media

 

No entanto, se ten menos tempo, fáganolo saber con antelación e adaptarémonos.

Non restrinximos as reservas con menores, pero non dispoñemos dunha área lúdica para eles, aconsellámoslle que o teñan en conta ao elixir o seu menú debido á súa duración para que todos poidan gozar comodamente. Se asiste cun bebé é importante comunicárnolo para organizar a distribución das mesas no comedor. Na súa mesa poderemos situar unha trona (baixo dispoñibilidade). Se asiste cun carriño de bebé agradecémoslle que acceda pola planta superior a nivel de rúa, o acceso desde o aparcadoiro non conta con ascensor.

Pregamos que sempre nos avisen en caso de chegar tarde, intentaremos adaptarnos á situación en función do tempo de demora, lembre que o menú Descuberta, o máis extenso, só se servirá ata as 14h. (ao mediodía) e ata as 21h. (cea).

Non temos un código de vestimenta ríxido, unicamente solicitámoslle que evite vestimenta de praia.

O feito de dispor dun bono convérteo en beneficiario de poder gozar dalgún dos nosos tres menús designados no mesmo. Non obstante, debe garantir a súa reserva cubrindo igualmente o proceso que se solicita na política de anulación. Dispón de 24 horas previas á súa reserva para poder modificar ou anular a mesma.

O acceso para persoas con mobilidade reducida atópase na entrada principal, a nivel de rúa. Se precisa que o axudemos non dubide en solicitárnolo.