Reservar

Horario

De setembro a xuño: O noso horario de apertura é de xoves a luns de 13:00 a 15:00 horas, e os sábados tamén abrimos en horario de cea de 21:00 a 22:00 horas.
Febreiro: Permaneceremos pechados por vacacións.
Xullo e agosto: Abrimos de mércores a luns para xantares e ceas de 13:30 a 15:00 horas e de 21:00 a 22:00 horas.
Martes: Pechado por descanso semanal.

Reserva

Unha vez realizada a reserva recibirás unha confirmación vía correo electrónico ou SMS. Se non a recibes, non dubides en contactar connosco para podermos solucionalo o antes posible.
· Menú Descuberta (o máis extenso): só se servirá de 13:00 a 14:00 h (ao mediodía) e ata as 21:00 h (cea).
· Menú Marexada: ata as 14:15 h (mediodía) e ata as 21:15 h (cea).
· Menú Ronsel: sérvese desde as 13:30 ás 15:00 horas e desde as 21:00 ás 22:00 horas.

Para calquera consulta, podes contactar connosco por correo electrónico ou por teléfono en:

Condicións da reserva

  • Todas as reservas deben ser garantidas coa súa tarxeta de crédito cubrindo a política de anulación. Unha vez finalizado este proceso, recibirá a confirmación no seu correo electrónico.
  • En caso de non poder asistir, a anulación da reserva só será válida se se fai por escrito polo menos 24 horas antes da súa reserva e recibindo a confirmación por parte do Restaurante. En caso de anular fóra do prazo permitido, aplicarase a política de cancelación establecida.
  • No proceso de reserva solicitámoslle que nos indique alerxias ou intolerancias alimentarias para seren tomadas en conta na adaptación do seu menú.
  • Dispoñemos dun menú infantil para nenos menores de 12 anos. Consiste nun primeiro prato, un prato principal e unha sobremesa por un importe de 75€. En caso de asistir con nenos e preferir o menú infantil para eles, agradecemos que nolo deixen indicado no apartado de peticións especiais.
  • Se dispón dun bono agasallo, agradecemos que nos indique o código ou referencia do bono no apartado destinado a iso dentro do proceso de reserva.
  • Non se admiten mascotas dentro da sala, só cans guía.
  • Agradeceriamos que tivesen en conta que, no caso de persoas con mobilidade reducida, o acceso ao restaurante debe realizarse a través da entrada principal situada a nivel de rúa.
  • Polas características do noso aparcadoiro, no é posible o acceso nin a manobra de caravanas, autocaravanas ou vehículos de gran altura, xa que existen diversos elementos estruturais que limitan a súa circulación dentro do recinto.