O que naceu como curiosidade por coñecer os vexetais e a terra de primeira man, marcou un antes e un despois na nosa forma de interpretar, de entender e de vivir Culler de pau.
Queríamos integrarnos, formar parte do que nos rodeaba, traballando en comunidade con produtores e agricultores da nosa contorna.
Follas, flores, raíces… utilizamos todo o que podemos para os nosos pratos, elaborando con todo o excedente, sales, vinagretas, bebidas fermentadas e deshidratadas.
A día de hoxe, a nosa horta, cultivada por Rober e Marcel, funciona como unha partida máis da nosa cociña. Un ecosistema vivo e diverso, onde a terra e o Atlántico dialogan cada día.
