I + DPAU é o noso camiño de curiosidade, observación, ensaio, erro, coñecemento…

A innovación non é un fin en si mesma, senón un camiño que nos permite mirar a contorna e avanzar desde o respecto, compromiso e curiosidade.

Apostamos pola experimentación e a investigación establecendo lazos con produtores, investigadores, académicos… todos os axentes implicados que nos conectan coas súas áreas de coñecemento: o produto, o rigor, a educación.

Reivindicamos a sustentabilidade e a estacionalidade dos produtos que marcan os nosos pratos. Pero tamén apostamos pola recuperación de cultivos, por manter a biodiversidade do noso campo, por produtos que nos fan diferentes e que enchen os nosos pratos de sabores e de matices.

“REBOREDO, RECUPERAR, REFLEXIONAR, RENDEMENTO”

Estes son os valores nos que se centra o noso traballo de I+D. Avanzar sen perder de vista as nosas raíces e o lugar ao que pertencemos. Compromiso coa nosa contorna, intentando devolver (dalgunha maneira) aquilo que lle quitamos.