Inicio

XANTAR

O espazo é esencial no noso discurso culinario: en Culler somos intérpretes do noso territorio, intentamos que o comensal sinta a terra usando produtos que veñen dela, cociñando o noso ámbito. O noso camiño gastronómico comeza nun lugar privilexiado e concibimos cada parte do edificio, a cociña, o restaurante enteiro como continuación do espazo, da paisaxe.

Ler Máis

A Carta

As nosas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, tan doado e tan complicado como iso. Procurámolo creando ‘experiencias gustativas’ -así é como nos gusta denominalas-, cheas de matices, en aparencia efémeras pero perdurables na memoria culinaria. Para iso cremos indispensable a excelencia no produto. Cociñamos aquilo que nos ofrecen a horta, a lonxa, os bosques, os provedores de confianza… eles marcan o ritmo dos nosos pratos.

Ler Máis

O equipo

Hai algo que é fundamental e é confiar na xente coa que se traballa porque Culler de Pau é, sobre todo, un equipo humano, que é quen o fai funcionar. O compromiso, a actitude e a seriedade á hora de afrontar o traballo son fundamentais para que flúa a alegría, a unión, o sentimento, o cariño… esenciais en cociña. O traballo compartido, a profundidade, o equilibrio e sobre todo as ganas de divertir e divertirse son fundamentais no noso día a día.

Ler Máis

Reservas

Teléfono:

+34 986 732 275

Horarios:

Pechamos as noites de lúns, mércores e xoves e os martes todo o día, excepto xullo e agosto que pechamos só os martes.

Comidas: 13:30 h – 15:30 h
Cenas: 21:00 h – 22:30 h.

CONTACTO

Dirección: Calle Reboredo, 73, 36980 O Grove, Pontevedra, España

Teléfono: +34 986 732 275

Email: reservas@cullerdepau.com