Por fortuna, a Culler de pau rodéanlle grandes amigos, e nesta ocasión gustaríanos falar dunha familia moi especial para nós.
María, Fernando, Hugo e Lucas, forman parte desta casa e gozamos da súa compañía; non só pola comida, se non especialmente por mostrarnos que ante os problemas que nos atopamos no camiño, o medo transfórmase en coraxe.
Se no dicionario permitísesenos facer unha definición de valentía, forza, tenacidade e amor, só sería necesario falar desta marabillosa familia e do arduo traballo que realizan formando parte da Asociación Art for Dent.
A través da expresión artística e cultural buscan dar visibilidade e conseguir fondos para a investigación de enfermidades minoritarias como a de Dent e ter o soporte necesario para afrontar un dos momentos máis delicados nun núcleo familiar como é loitar contra unha enfermidade como esta.
Presentámosvos unha mostra das súas obras, son aquelas as que temos un agarimo especial porque estar expostas na nosa casa para lembrar o valor da tenacidade e a necesidade imperante de solidarizarnos e involucrarnos nos problemas da nosa sociedade.
Pedímosvos que visitedes a súa páxina web, para coñecer máis sobre todas as accións que están a realizar a través da asociación e sobre todo, para acompañarlles na súa loita axudando da forma que resulte máis cómoda para todos.
Deixámosvos un link para simplificar a vosa colaboración.
Por favor investigación!!!!
Familia, Seguímosvos!!



