As nosas propostas
buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, tan doado e tan complicado como iso. Procurámolo creando ‘experiencias gustativas’ -así é como nos gusta denominalas-, cheas de matices, en aparencia efémeras pero perdurables na memoria culinaria. Para iso cremos indispensable a excelencia no produto. Cociñamos aquilo que nos ofrecen a horta, a lonxa, os bosques, os provedores de confianza… Eles marcan o ritmo dos nosos pratos.
Produtos de tempada, con dimensión propia, maduración lenta e específica do noso ámbito, porque cremos que o mellor non é, nin moito menos, senón o que está no seu mellor momento, contribuíndo á sostibilidade, outro dos nosos puntos de partida.
A carta de Culler ten, non obstante, continuos acenos a algúns produtos, receitas e ata conceptos fetiche: o verán é tempo de peixe azul, de espárragos brancos, de chichariños e de tomates; o outono, de cogomelos e de humidade; o inverno, de caldos e de pucheiros, pratos de culler que nos fascinan, e a primavera, dunha variedade impresionante de herbas e brotes. Con todo iso, cada tempada é totalmente diferente á anterior e así, interpretamos un territorio e poñémolo en valor a través da creatividade e cociñando as estacións.
Nos nosos pratos queremos que prime o equilibrio: de sabores, de cores, de coccións, de texturas… sensacións que conformen un menú contemporáneo sinxelo, saudable, con resultados belos, harmoniosos e dinámicos. Pratos con alma que esperten todos os sentidos e emocionen.
Buscamos alimentar non só o estómago, senón tamén a curiosidade, o desexo a través dunha cociña sincera, divertida e consecuente, e facémolo aplicando a experiencia acumulada en tantas e tantas horas de cociña, xunto coas propias experiencias vitais que enriquecen sempre as mensaxes culinarias de Culler.
Coa chegada da primavera, os nosos campos énchense dun espectáculo revolucionario para os nosos sentidos en forma de verduras, hortalizas e flores, deixando atrás o recordo do inverno para dar paso a matices máis variados, frescos e coloridos
Menú Descuberta
E agora que…?
Descuberta representa o camiño de Culler na actualidade: curiosidade, descubrimento…
Unha mirada atenta á nosa contorna, onde nos deixamos sorprender polo que nos ofrece a terra atlántica, polos seus ritmos… Mira, escoita, cheira, saborea… É posible que todo o que che rodea estea aquí:
4 aperitivos, entre 13 e 15 pratos (segundo mercado), 1 pre sobremesa e 2 sobremesas.
O menú máis longo e máis innovador.
precio menú 190,00€ (por persoa)
maridaxe 85,00€ (por persoa, (opcional)
Os menús serviránse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura
Menú Marexada
Navegamos entre a orixe e a vangarda? Percorremos o máis tradicional e o máis innovador de Culler en:
4 aperitivos, 7 pratos , 1 pre sobremesa e 2 sobremesas
precio menú 170,00€ (por persoa)
maridaxe 70,00€ (por persoa, (opcional)
Os menús serviranse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura
Menú Ronsel
Lembras? Sabores que deixan un ronsel no noso padal, que evocan recordos, que permanecen…
O menú máis curto cos pratos máis tradicionais de Culler:
5 aperitivos, 4 pratos e 2 sobremesas
precio menú 150,00€ (por persona)
maridaje 55,00€ (por persona, (opcional)
Os menús serviránse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura
A proposta responde as sinais que marca a naturaleza en cada tempada, definiendo así a condición dinámica dos menús, sendo sempre unha premisa a frescura, a estacionalidade e o carácter cambiante da mesma e sobre todo o equilibrio e su calidad.