XANTAR
O espazo é esencial no noso discurso culinario: en Culler somos intérpretes do noso territorio, intentamos que o comensal sinta a terra usando produtos que veñen dela, cociñando o noso ámbito. O noso camiño gastronómico comeza nun lugar privilexiado e concibimos cada parte do edificio, a cociña, o restaurante enteiro como continuación do espazo, da paisaxe.

A Carta
As nosas propostas buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, tan doado e tan complicado como iso. Procurámolo creando ‘experiencias gustativas’ -así é como nos gusta denominalas-, cheas de matices, en aparencia efémeras pero perdurables na memoria culinaria. Para iso cremos indispensable a excelencia no produto. Cociñamos aquilo que nos ofrecen a horta, a lonxa, os bosques, os provedores de confianza… eles marcan o ritmo dos nosos pratos.
O equipo
Hai algo que é fundamental e é confiar na xente coa que se traballa porque Culler de Pau é, sobre todo, un equipo humano, que é quen o fai funcionar. O compromiso, a actitude e a seriedade á hora de afrontar o traballo son fundamentais para que flúa a alegría, a unión, o sentimento, o cariño… esenciais en cociña. O traballo compartido, a profundidade, o equilibrio e sobre todo as ganas de divertir e divertirse son fundamentais no noso día a día.

Reservas
Debido as circunstancias que estamos pasando, o nos restaurante permanecerá pechado hata o Venres 18 de Decembro.
Disculpen as molestias.
Teléfono:
Horarios:
Pechamos as noites de lúns, mércores e xoves e os martes todo o día, excepto xullo e agosto que pechamos só os martes.
Dada a extensa duración do menú Descuberta, só se servirá ata as 14:00 horas en horario de mediodía e ata as 20:00 horas en horario de cea.
Comidas: 13:30 h – 15:00 h
Cenas: 20:00 h.
A súa reserva non será efectiva ata que non reciba a confirmación da mesma
CONTACTO
Dirección: Calle Reboredo, 73, 36980 O Grove, Pontevedra, EspañaTeléfono: +34 986 732 275
Email: reservas@cullerdepau.com