A Carta

As nosas propostas

buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, tan doado e tan complicado como iso. Procurámolo creando ‘experiencias gustativas’ -así é como nos gusta denominalas-, cheas de matices, en aparencia efémeras pero perdurables na memoria culinaria. Para iso cremos indispensable a excelencia no produto. Cociñamos aquilo que nos ofrecen a horta, a lonxa, os bosques, os provedores de confianza… eles marcan o ritmo dos nosos pratos.

Produtos de tempada, con dimensión propia, maduración lenta e específica do noso ámbito, porque cremos que o mellor non é, nin moito menos, senón o que está no seu mellor momento, contribuíndo á sostibilidade, outro dos nosos puntos de partida.

A carta de Culler ten, non obstante, continuos acenos a algúns produtos, receitas e ata conceptos fetiche: o verán é tempo de peixes azuis, de espárragos brancos, de guisantiños e de tomates. O outono, de cogomelos e de humidade; o inverno, de caldos e de pucheiros, pratos de culler que nos fascinan, e a primavera, dunha variedade impresionante de herbas e brotes. Con todo iso, cada tempada é totalmente diferente á anterior e así, interpretamos un territorio e poñémolo en valor a través da creatividade e cociñando as estacións.

No nosos pratos queremos que prime o equilibrio, de sabores, de cores, de coccións, de texturas… sensacións que conformen un menú contemporáneo sinxelo, saudable, con resultados belos, harmoniosos e dinámicos… Pratos con alma que esperten todos os sentidos e emocionen.

Buscamos alimentar non só o estómago, senón tamén a curiosidade, o desexo a través dunha cociña sincera, divertida, consecuente, e facémolo aplicando a experiencia acumulada en tantas e tantas horas de cociña, xunto coas propias experiencias vitais que enriquecen sempre as mensaxes culinarias de Culler.

Menú Ronsel

 

Xarda, escabeche cremoso e cenoura

Ovo, queixo San Simón e migas de pan

Pescada, mollo “meuniere” e pataca monalisa

Solombo de vaca, vinagreta de repolo encurtido e capuchina

Kéfir, alfábega e uva

Torrada caramelizada, café, cacao e leite “cru”


prezo menú 90,00€ (por persoa)

maridaxe 35,00€ (opcional, por persoa)


Os menús serviranse por mesa completa

Os menús poden variar por cuestións de mercado pero siempre mantengo a sea estructura.

Menú Descuberta

 

Cogollo. Cogomelo-cabaciña

Tosta de trigo, herbas de cultivo e silvestres, remolacha encurtida

Moluscos con fondo de roca e vexetais encurtidos

Nécora, anémona e salicornia

Espinaca tres caldos: kombu, lacón e tomate

Xarda, escabeche cremoso, perifol e prebe de talos vexetais

Lura na sua tinta e tricholoma

Boletus, prebe de verduras asadas e agastaque

Pescada, salsa meuniere, pataca monalisa e acelga

Orella de porco celta glaseada e repolo

Framboesa xeada, acedas e vinagreta de remolacha

Crema de herbas da nosa horta, torta e salvia


prezo menú 130,00€ (por persoa)

maridaje 60,00€ (por persona, opcional)


Os menús serviranse por mesa completa

Os menús poden variar por cuestión de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura.

Este menú non se servirá as noites de venres e sábado

 

Menú Marexada

 

Xarda, escabeche cremoso e cenoura

Nécora, anémona e salicornia

Espinaca tres caldos: kombu, lacón e tomate

Ovo, queixo San Simón e migas de pan

Boletus, prebe de verduras asadas e agastaque

Pescada, salsa “meuniere” e pataca monalisa

Solombo de vaca, vinagreta de repolo encurtido, guiso de boletus  e capuchina

Framboesa xeada, acedas e vinagreta de remolacha

Crema de herbas da nosa horta,  masa de “orella” e salvia


precio menú  110,00€ (por persona)

maridaxe 45,00€ (por persona, (opcional)


Os menús serviranse por mesa completa

Os menús poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura

 

CARTA

22.00€ Croquetas de lacón

22.00€ Ovos “da casa”, queixo San Simón e migas de pan

30.00€ Pratos de verduras tempada con fondo de queixo Bisqato xiros

30.00€ Vieiras, “a galega” e fina lámina de touciño

30.00€ Cogomelos salteados (boletus e molinera) con prebe trufado

………………………………………………………………….

50.00€ Pescada, mollo “meuniere” e pataca monalisa

………………………………………………………………….

55.00€ Solombo de vaca rubia, espinacas e vinagreta de herbas

………………………………………………………………….

15.00€ Torrada “da avoa” caramelizada, café, leite e cacao

15.00€ Kéfir e froitos vermellos

15.00 Selección de queixos galegos

 

*As medias racións e os entrantes escollidos como segundo prato estarán suxeitos a un incremento no prezo