A Carta

As nosas propostas


buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, tan doado e tan complicado como iso. Procurámolo creando ‘experiencias gustativas’ -así é como nos gusta denominalas-, cheas de matices, en aparencia efémeras pero perdurables na memoria culinaria. Para iso cremos indispensable a excelencia no produto. Cociñamos aquilo que nos ofrecen a horta, a lonxa, os bosques, os provedores de confianza…
Eles marcan o ritmo dos nosos pratos.

Produtos de tempada, con dimensión propia, maduración lenta e específica do noso ámbito, porque cremos que o mellor non é, nin moito menos, senón o que está no seu mellor momento, contribuíndo á sostibilidade, outro dos nosos puntos de partida.

A carta de Culler ten, non obstante, continuos acenos a algúns produtos, receitas e ata conceptos fetiche: o verán é tempo de peixe azul, de espárragos brancos, de chichariños e de tomates; o outono, de cogomelos e de humidade; o inverno, de caldos e de pucheiros, pratos de culler que nos fascinan, e a primavera, dunha variedade impresionante de herbas e brotes. Con todo iso, cada tempada é totalmente diferente á anterior e así, interpretamos un territorio e poñémolo en valor a través da creatividade e cociñando as estacións.

Nos nosos pratos queremos que prime o equilibrio: de sabores, de cores, de coccións, de texturas… sensacións que conformen un menú contemporáneo sinxelo, saudable, con resultados belos, harmoniosos e dinámicos. Pratos con alma que esperten todos os sentidos e emocionen.

Buscamos alimentar non só o estómago, senón tamén a curiosidade, o desexo a través dunha cociña sincera, divertida e consecuente, e facémolo aplicando a experiencia acumulada en tantas e tantas horas de cociña, xunto coas propias experiencias vitais que enriquecen sempre as mensaxes culinarias de Culler.

Primavera, tempada de horta, de verdura, de hortalizas, de aromáticas e flores, de mar e montaña.

Menú Descuberta

E agora que…?

Descuberta representa o camiño de Culler na actualidade: curiosidade, descubrimento…
Unha mirada atenta á nosa contorna, onde nos deixamos sorprender polo que nos ofrece a  terra atlántica, polos seus ritmos… Mira, escoita, cheira, saborea… É posible que todo o que che rodea estea aquí:

4 aperitivos, entre 13 e 15 pratos (segundo  mercado),  1 pre sobremesa e 2 sobremesas.
O menú máis longo e máis innovador.


precio menú  225,00€ (por persoa)

maridaxe 90,00€ (por persoa, (opcional)


Os menús serviránse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura

Menú Marexada

Navegamos entre a orixe e a vangarda? Percorremos o máis tradicional e o máis innovador de Culler en:

4 aperitivos, 7 pratos , 1 pre sobremesa e 2 sobremesas


precio menú  190,00€ (por persoa)

maridaxe 75,00€ (por persoa, (opcional)


Os menús serviranse por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura

Menú Ronsel

Lembras? Sabores que deixan un ronsel no noso padal, que evocan recordos, que permanecen…
O menú máis curto cos pratos máis tradicionais de Culler:

5 aperitivos, 4 pratos e 2 sobremesas


precio menú 170,00€ (por persona)

maridaje 60,00€ (por persona, (opcional)


Os menús serviránse  por mesa completa. Poden variar por cuestións de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura

 

A proposta responde as sinais que marca a naturaleza en cada tempada, definiendo  así a condición dinámica dos menús, sendo sempre unha premisa a frescura, a estacionalidade e o carácter cambiante da mesma e sobre todo o equilibrio e su calidad.