Xantar

Xantar

O espazo é esencial no noso discurso culinario: en Culler somos intérpretes do noso territorio, intentamos que o comensal sinta a terra usando produtos que veñen dela, cociñando o noso ámbito. O noso camiño gastronómico comeza nun lugar privilexiado e concibimos cada parte do edificio, a cociña, o restaurante enteiro, como continuación do espazo, da paisaxe.

A ría de Arousa preside a sala dentro dun edificio minimalista no que as mesas da sala, pero tamén a cociña e outros espazos polivalentes miran dende as amplas fiestras grandes abertas á ría con Ribeira ao outro lado da ría, e os illotes de Noro e Vionta como referentes espaciais, todos eles amenizando a estancia do comensal.

A luz natural, a madeira e o vidro priman no edificio de Culler, queren ser reflexo do ámbito como o son tamén os nosos menús e a nosa carta. Somos unha prolongación do mar e da terra e o que facemos é trasladar todo isto a pratos nos que o sabor é esencial. pero como todos os sentidos están conectados, o conxunto de todos eles importa á hora de comer, saborear e divertirse na mesa.