A Carta

As nosas propostas

buscan espertar os sentidos e conectalos coas emocións, tan doado e tan complicado como iso. Procurámolo creando ‘experiencias gustativas’ -así é como nos gusta denominalas-, cheas de matices, en aparencia efémeras pero perdurables na memoria culinaria. Para iso cremos indispensable a excelencia no produto. Cociñamos aquilo que nos ofrecen a horta, a lonxa, os bosques, os provedores de confianza… eles marcan o ritmo dos nosos pratos.

Produtos de tempada, con dimensión propia, maduración lenta e específica do noso ámbito, porque cremos que o mellor non é, nin moito menos, senón o que está no seu mellor momento, contribuíndo á sostibilidade, outro dos nosos puntos de partida.

A carta de Culler ten, non obstante, continuos acenos a algúns produtos, receitas e ata conceptos fetiche: o verán é tempo de peixes azuis, de espárragos brancos, de guisantiños e de tomates. O outono, de cogomelos e de humidade; o inverno, de caldos e de pucheiros, pratos de culler que nos fascinan, e a primavera, dunha variedade impresionante de herbas e brotes. Con todo iso, cada tempada é totalmente diferente á anterior e así, interpretamos un territorio e poñémolo en valor a través da creatividade e cociñando as estacións.

No nosos pratos queremos que prime o equilibrio, de sabores, de cores, de coccións, de texturas… sensacións que conformen un menú contemporáneo sinxelo, saudable, con resultados belos, harmoniosos e dinámicos… Pratos con alma que esperten todos os sentidos e emocionen.

Buscamos alimentar non só o estómago, senón tamén a curiosidade, o desexo a través dunha cociña sincera, divertida, consecuente, e facémolo aplicando a experiencia acumulada en tantas e tantas horas de cociña, xunto coas propias experiencias vitais que enriquecen sempre as mensaxes culinarias de Culler.

CARTA

NUESTRA CARTA

Nosas Croquetas

Ovo, queixo San Simón e migas de pan

Plato de Verduras Naturais e Fondo de Queixo “Do País”.

Vieiras sobre jugo de cebolla tostada y fina lamina de tocino

Pulpo “a feira


Merluza, mollo “meuniere” e chícharos

Bacalao, consomé e pataca nova


Solomillo de vaca, verduritas y crema de patata

Cordero lechal, polenta e mantequilla de especias e anchoas


Amorodos da nosa horta, mazá e kéfir

Torrada “da avoa” caramelizada, café, cacao e leite cruda

Os chocolates (mousse, sorbete e flan)

DEGUSTACIÓN

MENÚ RONSEL

Xurel, caldo de Kombu, Lacón e Porros novos

Ovo, queixo San Simón e migas de pan

Bacalalo no seu caldo, Coloflor e pataca

Solombo de vaca coma roast beef, crema de cenoura e verduras de tempada

Kéfir, vinagreta de remolacha e cabeza

Torrada caramelizada, café, cacao e leite cru


prezo menú 70,00€ (por persoa)

maridaxe 30,00€ (opcional, por persoa)


Os menús serviranse por mesa completa

Os menús poden variar por cuestións de mercado pero siempre mantengo a sea estructura.

MENÚ DESCUBERTA

Moluscos e fondo de pedra

Herbas de Adelina, crocante de arroz e crema de anchoa

Xurel, Escabeche, Cenoura e colinabo Encurtido

Lura con caldo afumado

Porros, crema de ourizos de mar e maíz

Espinaca tres caldos: kombu, lacón e tomate

Ovo, queixo San Simón e migas de pan

Solombo de vaca, la hierba y la leche

San Martiño, mollo “meuniere”, xunquiño e fiuncho de mar

Guiso de tendón de ternera “caldela”

Kéfir, vinagreta de remolacha y calabaza

A Vendimia

Tarta de Santiago


prezo menú 100,00€ (por persoa)

maridaje 50,00€ (por persona, opcional)


Os menús serviranse por mesa completa

Os menús poden variar por cuestión de mercado, pero sempre mantendo a mesma estructura.